SOCIOS

Francisco Abuín Porto

Nado no 1964. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Preparou oposicións a Notario baixo da dirección de Ildefonso Sánchez Mera (1987-1989). Avogado en exercicio dende 1989. Master en Dereito Fiscal (1990).

Dende xuño do 1990 ata outubro do 2005 pertenceu á asesoría xurídica de "La Voz de Galicia, S.A." e do seu grupo multimedia ( RadioVoz, Videovoz, Biblioteca Gallega, La Voz de Baleares no seu día ), encargándose de toda caste de litixios e asuntos contenciosos. Foi Conselleiro-Secretario do Consello de Administración da sociedade do grupo "Radio Arco Atlántico, S.A" propietaria das emisoras da canle “Onda Cero” en Galicia e da sociedade “La Voz de Baleares, S.A.” propietaria do xornal mallorquín do mesmo nome. Dende 1999 é Conselleiro-Secretario da “Sociedade Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A".

É vogal da xunta directiva do “Clube Financeiro Atlántico” dende 2001. Socio da Asociación Española de Dereito Deportivo. Colaborador de varias revistas xurídicas e económicas, arestora colabora de xeito habitual na revista económica “Capital”. Realizou os cursos de especialización do Colexio de Avogados da Coruña en Dereito Concursal.
Administrador do concurso da sociedade “AN INGENIERÍA, S.A.” por nomeamento directo do Xulgado do Mercantil da Coruña (2005). Canda socio-codirector, é o responsábel da área de Dereito Privado do Gabinete.

Enderezo electrónico: fabuin@abuinperez.com

Antonio Abuín Porto

Nado no 1967. Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Master en Asesoría Xurídica de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid, co grao de sobresaínte. Avogado en exercicio dende 1.993.

Foi profesor de lexislación do “Bachelor in Business Administration” da Glamorgan University na Coruña. Foi Director da Asesoría Xurídica da empresa “Leche Celta, S.A.” (1997). Dende 2001 é profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados da Coruña na área tributaria. Foi colaborador-asesor xurídico do programa “Tres pies al gato” de Localia Coruña. Realizou os cursos de especialización do Colexio de Avogados d’A Coruña en Dereito Concursal.
É o responsábel da área de Dereito Empresarial do Gabinete.

Enderezo electrónico: aabuin@abuinperez.com

AVOGADAS

Beatriz Galdo Gómez

Nada en 1979. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Avogada en exercicio. Cursou estudos de actualización e especialización, das que sobrancean as de “Ius Commune” (UDC), Dereito Audiovisual (Academia Galega do Audiovisual), Dereito Ambiental e Comunitario (cátedra “Jean Monnet” da UDC), Comercio Exterior (Confederación de Empresarios de Galiza), Nóminas e seguros sociais e práctica contabel (Escola de Formación “Carrier”).

Enderezo electrónico:bgaldo@abuinperez.com

Marta Prado Gestal

Nada no 1979. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Avogada en exercicio. Cursou estudos de actualización e especialización varios, salientando os de “Ius Commune” (Universidade da Coruña e Centro di Cultura Científica “Ettore Majorana” de Sicilia), contabilidade financeira, pública e orzamentaria e matemáticas financeiras (Escola de Negocios de Galicia), “Habilidades directivas” (Centro de Estudos Financeiros de Madrid), “Dereito Audiovisual” (Academia Galega do Audiovisual) e “Dereito Internacional Humanitario”. Colaborou no “Master en estudos teatrais e cinematográficos da UDC. Preparou oposicións á Escala de Intervención-Tesourería de Administración Local (con habilitación estatal). Coautora de informes e ditames encargados por distintas institucións.

Enderezo electrónico: mprado@abuinperez.com

Olalla Dobarro Landeira

Nada no 1979. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou prácticas no Servizo Técnico-Xurídico da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza (novembro-decembro 2002) e no bufete compostelán “Carrillo e Gesto” (xaneiro 2005-xuño 2006). Preparou oposicións a Técnico Superior da Deputación de Lugo. Cursou estudos de actualización e especialización varia sobre “Dereito Concursal”, “Europa, Integración e Dereito privado”, “Responsabilidade por danos”, “Prevención de riscos laborais” e obtivo o “Certificado de Aptitude Pedagóxica” (CAP) da Universidade compostelá.

Recentemente cursou estudos sobre "Contabilidade e Análise de Balances", "Linguaxe Administrativa" e "Xestión de Nóminas e Práctica laboral".

Enderezo electrónico: odobarro@abuinperez.com

OUTRAS XURISTAS

Belén Domínguez Antelo

Nada no 1976. Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Cursou estudos de actualización e especialización varios, salientando os de “Recursos Humanos”, “Extinción do contrato de traballo”, “Traballadores autónomos: a protección social e a fiscalidade”, “Dereito Agrario e Foral galego”, “Medicina Legal” e Máster en Prevención de Riscos Laborais coas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicoloxía.

Ultimamente realizou o curso de experto en dereito urbanístico e ordenación do territorio pola Universidade de Santiago de Compostela (2007)

Enderezo electrónico: bdominguez@abuinperez.com

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN:

Susana Moreno Moreno (Responsábel)

Licenciada en Historia de Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona. Titulada en Secretariado Internacional e PEMES.

Enderezo electrónico: despachos@abuinperez.com

Mayra Vázquez Díaz (Administrativa)

Técnico superior en Xestión Comercial e Marketing.